Gonzalo Fernández novo adestrador do C.D. Choco

Gonzalo Fernández é o novo adestrador do C.D. Choco e cualifica a situación que está a vivir como un reto moi bonito, persoalmente considera que ten un peso moi importante non só como adestrador se non como cara visible do equipo xa que os anteriores adestradores a el os irmáns Montes deixaron ó equipo en moi bo lugar. Eloxia aos irmáns Montes e o seu estilo de xogo é moi parecido ao deles, aínda que aposta por un xogo persoal, unha das claves para Gonzalo é a de fichar xogadores con moita ilusión, xa que a ilusión e norma fundamental do Choco.

Gonzalo pide un pouco de paciencia aos seareiros xa que son un equipo moi renovado e aínda están por rodar, aínda que afirma que tan pronto poidan facer o seu xogo serán un equipo duro a derrotar. Sen lugar a dúbidas Gonzalo Fernández «Gonza» ten un reto dos máis duros para el encanto ao deporte, facer funcionar todas as fichas do renovado equipo.

0 Comments

Leave Your Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*